Co gallo da última actuación 'democrática' da Executiva e o Consello Nacional, vou comentar un par de cousas, en plan eu non fun.
O martes pasado, sen coñecer ren da movida, entereime* de que a Executiva propoñía ó Consello Nacional concurrir ás eleccións europeas en coalición con ERC, EA e Aralar. Non sei, mais seguramente algún-ha das mentes pensantes creu que nós, os críticos independentes, estabamos desexando de ire cos cosocios -isto é, os do mesmo nivel de ideas- cataláns e baskos. E será un soño co que espertan as nosas mentes pensantes, porque o que é eu, e coma mín a ringleira dos críticos, non comungo con ir tomarlle nada con outra parella calquera.
De casualidade, porque os ribeiraos e as ribeirás somos como somos, discutiuse do tema na última asemblea comarcal, co resultado de que máis da metade dos presentes, entre iles/elas eu, apoiaban que o BNG fose en solitario ás europeas.
O sábado, 4 de abril, o Consello Nacional decidía, case por unanimidade, apoiar a coalición electoral coa esquerda independentista catalá e baska. E ló, non vos dixemos hai xa cinco anos que estabamos fartos de que non nos preguntarades? Pois iso.
*Polos medios menos afíns, que manda carallo na Habana.
3 comentários:
Bon... vos polo menos discutístelo. Nos nin sequera iso. Tampouco as propostas para as listas, que a iniciativa de tres "espabilados" en nome de todos decidiron delegar no consello comarcal.
O de agruparse ten a súa lóxica: sacar representación. Facelo non é doado, menos agora que o número de deputadas para a nosa circunscripción -o conxunto do estado- baixa de 54 a 50. Eu si poiaría esta unión -si me preguntasen- a que non apoiaría é a repetición da de fai cinco anos, coa dereita vasca e catalana, nacionalista pero dereita.
O experimento, en circunstancias normais, podería permitirnos saber si o castigo de fai 5 anos foi por unirse con cataláns e vascos -polos que o noso pobo sente certa fobia- ou polo feito de que se traten de partidos de dereitas.
Digo en circunstancias normales, por que o BNG na actualidade está nun proceso, o de elección de delegados, que está xerando demasiada división interna, enfrontamentos e crispación. Paseo que pase o 10 de maio o BNG sairá máis dividido e debilitado e esa non é a mellor forma de enfrontar unhas eleccións.
O que me preocupa é que cada vez que haxa unha asemblea nacional, e mentres non se cambie este sistema, teremos que voltar a enfrontarnos os uns cos outros, entre compañeiros, entre veciños, entre amigos... o que o ideou pode estar satisfeito!
Pois ímos ver,xOsse, quen ideou e "armou ísta lea" senrazón, foi o meu compañeiro Beiras,que xa pode "durmir tranquilo",pois estou dacordo contigo,en que ísta "movida",é o que non quere a xente, a xente non quere "leas", e claro,despóis ben o que dis tí, enfrontamentos uns cos outros,( ogallá me trabucara,pero), insisto, grazas sr. Beiras,por ísta lea sen razón,unha aperta compañéiros,dende o NO da nosa Galiza
Non entendo ese razoamento: non foi Beiras quen propuxo as Asembleas por delegados, e máis, opúxose. Agora vemos como iso nos enfrenta.
Outra cousa e ter unha postura política e defendela, só faltaría que non se fixese. O mellor iso é o que queren algúns ultraminoritarios, impor a súa vontade a maioría sen atopar resistencia algúnha.
En fin... xa poden durmir tranquilos os que o tentaron.
A política interna dun partido ten que rexirse por acordos, non por imposicións nin por maiorías. As maiorías só serven para crear dentro dun partido unha oposición, ó igual que nos organismos públicos.
Que lle imos pedir logo as minorías, o seu apoio? Imaxinas un partido da oposición pedindo aposio (e o voto) para o partido no goberno. Pois dentro dun partido igual.
Non hai moito decíanme: "e unha decisión da maioría, hai que respetala!" sobre as Asembleas por delegados. Respetala si, compartila non. E así con moitas cousas... Ninguén está obrigado a defender e apoiar aquilo no que non cre.
Postar um comentário