sexta-feira, 1 de fevereiro de 2008

Aaaadxudicado

Qué morro lle botan istes sociatas! A un mes das eleccións, van e anúnciannos que adxudicaron o arranxo da estrada de Castrelo de Miño. Seica son dous tramos: Castrelo-Valdepereira e Ponte Castrelo-Castrelo, iste xa licitado na fase anterior. E daranllo á mesma empresa, como se o estivese vendo. Á mesma empresa que inda hoxe, despoixa de case ano e medio, ten todo feito un cristo e as obras sen rematar; espero, porque como queden así é para crucificalos, éles e a quen os contratou. Diormío, e o Zapatitos ven vendernos a moto da modernidade e non sei que da extrema dereita, que cando o vín nun pegote que engaden ós seus cartaces gañas me deron de engadirlle un "Por iso hai que votar á dereita, que sodes vós". Felipe, o que merecías polo que nos fixeches... Cos bandazos á estribor que deu e segue a dar o PsoE, non é de estranar que a dereita se bote ó monte. É que na dereita 'moderada' xa non lles deixan sitio.

En fin, se vindes a Castrelo de Miño, coidado coa estrada. Máis do que compría antes, que xa lle vale. E outro día falarei da troupe local.

Nenhum comentário: