Hai que ver o balbordo que se montou co do bilingüismo armónico, cando a situación non da para tanto. Estamos diante dunha cruzada antinacionalista -según de qué nacionalismos- e medran os ananos, pero o certo é que a nosa língua segue sen poder saír da UCI e o castelán, ó que os seus piores a máis fanáticos falantes gostan de chamar español, non precisa de máis axudas das que xa ten. E senón mirai ó fondo o modelo de instancia que ven de mandarme a Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Transportes da Xunta de Galicia para cobrar, polo banco, catro cadelas dunha expropiación para facer a obra da que se fala na entrada anterior. Inda que pareza do Goberno Central, 'evos de la Xunta'.
Sei por experiencia que, curiosamente -serán os superxenes dos que falaba Baltar pai- nas delegacións da Xunta en Ourense falábase menos o galego ca nas do Goberno Central. Por qué sería?
Nenhum comentário:
Postar um comentário