Experimentando. Vou ver se poño un pouco bonito esto, que se facía un algo desanxelado. Experimentando, porque coma sempre teño por costume, primeiro fuchico e despoixa leo o libro de instruccións.
Primeiro acerto: subir os blos salgados a un lugar destacado da páxina, que alá nos últimos pupitres semellaban os castigados. De momento só está o do amigo Iván, pero xa o aumentarei co resto da lista.
Ben, quero adicarlle a próxima entrada á historia que xustifica o nome do blo. Non sei se o farei tan ben como cando a puxen por primeira vez por escrito fai uns vinte anos. Xa choveu, e daquelas os feitos e os sentimentos estaban máis frescos na memoria. Haberá que tentalo.
E para a semana toca facer autocrítica.
3 comentários:
Parabéns polo novo deseño.
Un acerto.
Pois levamos un par de dias dende esta aula, cos estas salitres e outros blogues do ribeiro, e calro hoxe de sípeto, atopamonos que cambiaches de traxe! Pois este eche moi favorecedor!
Un saudo dos 6 que andamos por clase!
O día 11, o 12... e agora o día 13 chega outro castrelán (carallo de xentilicio...) dandoche a noraboa, (que non dandoche a nora-boa, cousas da nosa fermosa lingua) pois como din por aqui 'o ben feito, ben parece'.
Saúdos, e decirche que me encanta como rematas sempre todas as túas postaxens. xD
Postar um comentário