Seguimos a voltas co AVE galego -que non, carallo, que xa vos teño dito que é un Tren de Velocidade Alta, ou sexa un ave de vó baixo- e veña alá con prazos e con que se Blanco e Feijoo están en boas relacións. Que se biquen! Que se biquen! Agora o Feijoo é un supercampióndelamuerte porque conseguíu unha data fixa prá finalización da puta galiña dos collós. Entrando na movida -que iste imbécil alá lle foi patear e pasar calor a Lubión, maldito o día, autotraición chámase iso-, o 2015, que non poño eu nin as unllas no lume por ela, é unha data de merda. A iste paso, a pixada do país e os políticos, van ter que estar indo a Madrid en avión perante unha xeración máis, cando menos.
Pero esta conachada (chuminada din os casteláns), ó final, a qué nos leva? Porque que catro mangantes de toda a vida, fillos, netos e tataranetos de mangantes, que ostentan o capital do país, e outros catro palanganeiros -chámeselle políticos- que van ir da moca, porque pagamos todos, poidan viaxar á capital do mamoneo por vía terrestre en menos tempo, a nós, ós paduanos, ós paganos, os cidadáns e rurais de a pé, QUÉ NOS SOLUCIONA?
Eu, e coma mín milleiros, e ata me atrevería a apostar que centos de milleiros, o que quero é unha comunicación fácil e rápida coa cidade, a vila e a aldea máis próxima, cousa que hoxe converteuse nunha entelequia maior ca irse de chiquiteo á lúa. Non vai e non vai. Cada día péchanse máis e máis apeadoiros. Non se abren a penas vías dobles. O parque móbil ferroviario galego está envellecido, e o que é inda máis penoso, aliméntase do que xa non queren en Madrid.
E, quitante ó Iago Tabarés, non lle escoitei a ninguén das nosas fileiras defender o tren de verdade, o de toda a vida, aquil no que os avós ían á feira ou no que o tío volveu do servicio. Non existe.
Falan compañeiros e compañeiras de desconexión coa sociedade. Qué máis desconexión coa sociedade queredes, pixos de merda, que estarmos loitando polo tren dos ricos.
E non vou aceptar críticas. Se algunha hai, paramos de falar e arranxámolo estilo celta.
4 comentários:
Plas plas plas plas plas!!!
ghaiteiro!!! xDDDD
Oes, pero a coña é que levo máis de tuentifor horas sen fumar. Ai, asús, cando leve unha semán, vou ir deixando defuntiños ó meu paso.
Neste mundo globalizado, sen fronteiras, algunha peaxe terá que haber. Non? Os de Madrid, que parvos non son, saben que canto máis tráfico pase xunto súa máis grande será a caixa de recadación. Mellorar as comunicacións internas galegas... para que? Iso non lles dá nada! Comunicación con Europa sen pasar por Madrid? Iso para Madrid é aínda peor pois a eles non lles dá nada e a nós si. Xa bastante sofren ó ver como vascos e cataláns non pasan pola peaxe de Madrid! Só lles facía falla que Galiza -e Portugal- prescindiran deste paso... a algún dáballe algo!
PD: aguanta compañeiro... caía quen caía ó teu paso! (agardo que non nos cruzemos)
Está a resultar bastante sinxelo. O único, que che toca varios puntos máis os collós a estupidez humana. Pero iso existía, existe e, por desgracia, existirá polos séculos dos séculos.
De feito eu tampouco dixen que deixaba o tabaco, só que non pensaba volver pagar por il, hi, hi, hi. De tódolos (isa palabra tabú prá pixada reinante) xeitos, vou non terceiro, e camiño do cuarto, día trunfal.
Postar um comentário