Inda non rematou xuño, non sendo no tempo diste vrau case eterno que se nos implantou na casa coma ise parente que veu pasar un finde e quedou pra sempre, e velaí veñen as rebaixas do Corte Galego. Da corte galega, coma se dixeramos, e eu discutindo que se o eñe é máis galego ca o ene agá. Os amigos reintegras non me cren, pero son moi teimudo.
Xa empezaron as rebaixas e o fenómeno Reixa vai á feira cos cartos na mau. E non é o único que se pranta no mercado nise plan, que veño de cruzarme por onda os cochos cunha destacada figura do nacionalismo visible, e alá diante vexo a outra. A lingua tornouse en moeda de troco e os seus 'defensores' saen á palestra cos calzós baixados.
Ignoro que costumes se levan no trato en tan outas latitudes, pero por equí abaixo o que vende pide máis e o que compra ofrece menos, ata que chegan ó acordo. Se no caso da lingua, os 'defensores', e insisto nas apóstrofes, xa parten de considerar imposible que o galego se convirta na lingua hexemónica do país, pois apaga a lús, marilús, que marchamos. Se nunha negociación, que é do que se trata, unha banda parte de que lle está impoñendo algo a outra, polo menos que isa banda sexa a que impón. Que tanta pixada e tanta correución política está empezando a poñerme dos nervos.
Polo demais, de momento, o mono da nicotina levoo ben.
Um comentário:
Chegamos á feira a negociar en plan turista e así levamos carallos coma brazos.
Parece que voltou a moda aquela dos Blandiblús, todo sexa por conectar coa sociedade... agora que, miraron se a conexión era europea ou americana? que lle pregunten a Reixa donde mercar o adaptador :P
Postar um comentário