quarta-feira, 17 de agosto de 2011

Por qué mandei á merda a U2?

Eran mediados os 80’s e os iutú crebaban esquemas, ata o punto de podelos considerar os Udeus do pop-rock internacional. Ata tal ponto eran bos, que facían cambalear os meus principios básicos na música. Daquela os meus referentes eran os Barós, AC/DC, Motorhead,… Xa tiña o gosto moi definido e un gosto moi bo, pero os irlandeses pegaban forte. De repente, fixeron un filme que se publicitou amplamente na radio e a televisión, e incidía na miña retina cada semana, cando ía ó cine o día do espectador.
Chegou o día da estrea e formei dilixente e pacientemente na fileira para conseguir a entrada. Despois daba tempo sobro a ir tomar un café e ler o xornal antes de que empezara a seguinte proxección. Pero era tal a ansiedade que me presentei na entrada do cine case media hora antes de abriren as portas. Esperei. Cando marchaban os espectadores da sesión anterior, non me daban acabado de saír. Entrei e senteime. Aguante dez minutos de luces cendidas e outros dez de distel, e empezou o filme. Por fin.
Qué decepción! Aquilo era unha colección de videoclips, nin xiquera currados, sen mensaxe nin guión. Unha especie de recopilación de restos dos seus últimos concertos en Europa e América. Un puto documental barato. Para min, que acababa de ver The Wall de Pink Floyd había nada, porque na súa estrea era demasiado novo para poder decidir, foi como se me pasasen o cueiro suxo polos morros. Agora tíña o filme dos ingleses fresquiño de todo para comparar. E non había comparación. O filme dos Pink tiña guión, tiña mensaxe, entrega, estética e estaba currado a tope. Grazas, Bono, tarado de merda, por facerme heavy para sempre. Debera darvos vergoña deturpar así as vosas raíces celtas. En fin, de onde non hai non se pode sacar.
Long live hard rock!

Um comentário:

Nemigo disse...

U2 nos seus tempos aportaron moito. Amosaron que era posible ser comercial e facer boa música. Pero alguén os aconsellou mal. Máis é culpa deles facer caso a quen non sabe

Iso de adicarlles nas radios pijas (40 pailáns) programas a eles e aos seus impresentables discos lixo deixou ben ás claras que estaban polos cartos.

A día de hoxe son un grupo máis, con moita pantalla pero sen nada máis. Ao que lle vai ben pois que lle aproveite