Ando na procura dunha palabra que me sona de terlle escoitado ós maiores. Sónanvos as 'crezas' referido a vexetais? Como acabo de escoitarllo a un gomeiro -un da Gomera- falando dunha parte que aproveitan das faias, entroume outra vez o proído de andar á caza da orixe das palabras. Curiosas, moi curiosas certas simetrías entre o noso pobo e o canario. Sabiades que a billarda é alá un deporte nacional? E as palabras, que, van ou veñen?
Esta dende logo está aí, pero non a contempla nin o diccionario da RAE, nin o da RAG, nin o Estraviz. É unha palabra alegal.
Canto traballo queda por fagher pra salvar todo o que poidamos da nosa Lingua e que poucas ansias teñen algúns. As facultades de filoloxía -filologia, escreben iles- do País, que as pechen! Pr'o que serven. Convertéronse en atallistas e embaixadores de Lisboa. E mentres, a Lingua extínguese palabra a palabra por morte de usuarios.
"Eu non sei falar o galego", di a miña nai. E quere significar que a súa linguaxe está contaminada de uns poucos castelanismos, pero sobre todo, moi sobre todo, que no seu vocabulario non entran os cultismos, como fulcral, por poñer un exemplo. Non se decata dos centos de palabras da terra e do viño que ela si coñece e o sabio non, e que na súa vida interesarán a un filólogo de facultade. Porque neste País, e non en exclusiva, salvamos o que podemos a golpe de aficionado. De amador, din os do dialecto portugués, e aí ves, aí si que lles dou a razón.
Nenhum comentário:
Postar um comentário