Escribín o núcleo desta entrada vai pra quince días, publiqueina e despoixa penseino e borreina. Non quería ferir susceptibilidades nin ser políticamente incorrecto, inoportuno, inconvinte e o fato inteiro de ins que os acompañan. Daquelas estaba só un pouco incómodo e descontento. Daquelas. Hoxe estou bufando e hai unhas cantas cousas que gostaría de solucionar esfolando outras tantas mintiras para que a verdade resplandeza. Así, polas boas, físicamente, sen retóricas nin outras vaselinas da linguaxe. Como queira que a unha serie de benpensados sistemáticos e poderosos -porque os deixamos- non lles ía prestar que empezase a quentarlle o duro morro ós seus compañeiros e ibanme botar enriba ós seus cans de uniforme ou simplemente de óculos escuros, non me vai quedar máis remedio que soltar presión diste xeito.
Ista entrada íase chamar asem-oblea, pero creo que xa vai sendo hora de chamar ás cousas polo seu nome e o título que lle puxen, e que desta vez non lle vou quitar, axéitaselle moito mellor. Sen falsas retrancas, que o forno non está pra bolos e tanta nenobenez xa cheira a legoas de distancia, coma se fose a puñeteira caldeira inoperante de Coren.
Non sei cómo me deixei convencer, porque niste intre síntome como cando o gato acaba de lavar o cú e airea a boca cun azano de noxo de si mesmo. O domingo 5, alá lle fun coma delegado na asem-oblea, ou hostia que hai que tragar cos ollos pechados e os dedos no narís, e rematei votando a favor do único candidato a candidato polo BNG á Presidencia da Xunta de Galicia e, témome, duns cantos candidatos a cargos e carguiños que se outorgarán ledamente despoixa de "gañar" as vindeiras eleccións autonómicas. Qué burro fun! Qué burro son! Qué crédulo por pensar que a nosa casa estaba abondo limpa de Saulos convertidos á relixión trunfadora! Qué estúpido por non decatarme antes e poder escoller a tempo entre deixar o xogo ou colocarme, e ista decisión sería a máis improbable porque me cisco en todo amo e en todo escravo, na puñeteira recta de saída a base de dar moita coba nas voltas de clasificación.
Funlle vendo as orellas ó lobo, e despoixa os fuciños, e máis tarde os dentes, e ata chegou a me trabar. E eu caladiño, porque me convencín de que o lobo era un dos meus que simplemente facía aquilo por estratexia, cun fin. Así era, pero o fin non era precisamente acadar os obxectivos que entre todos nos marcaramos. O merdento fin era engordar.
Ó cabo, e á vista do que vou sabendo e que cada día me da máis gana de me trousar, considérome ceibo de compromisos. Alá cada puta co que fai da súa cona. E se os lobos me queren botar do seu rebaño, que o fagan. Se a codia que criei serveu pra me defender dos caciques, tamén valerá pra plantarlla nos fuciños a toda esta grea de invertebrados. Xa chegou de calar. Non pode ser que aquiles que menos pensan na Terra se lles encha a boca coa mariconada do nazi de JFK de "non preguntes o que América pode facer por tí, pregúntate o que tí podes facer por América". Xa o dicía Antonio Machado no seu Juan de Mairena: "Deixan o cocido e veña de burger kings. Xa veredes, nuns anos, americones todos". Non era exactamente iso, pero algo dicía.
Continuará... , ou non. De momento, xa me quedei un pouco descansado.
4 comentários:
Recoiro! como anda o patio...
Eu concordo en moitas coisas, pero bueno, ciscarse na totalidade xa o fixo alguén e cando mirou cara atrás todos os seus saíran por patas, que aquilo seica fedía...
E falando da frase do John, a verdade é que cando a escoitei aquel día xa me imaxinei por onde irían os tiros (malia que o orador logo de solta-la intenta-se rectificar o seu significado).
Tranquilo meu, que sempre haberá ovellas negras no rebaño.
Oiche, o final é digno do réptil do Marianico... o no.
Saúdos.
Verás, meu, é que entre frases de J-FP-K, revolucións tranquilas, asesores de imaxen e choiños a medida, estou a empezar a pensar que non é posible razoar, nin endereitar o temón pra que non siga a escorar a nave cara estribor. O que lle dixen ó Bieito Seara sintoo inda máis agora: a información, de seguir por iste camiño, vai continuar a circular sempre de arriba abaixo, requirindo de nós só o refrendo ou o refrendo das decisións desa xente tan lista.
Pero, digo eu, onde se meteron -e fago un inciso, fóra de Castrelo- os idealistas diste mundo? Lévoo dito moitas veces: se non militara en Castrelo, se o fixera en Ourense, por exemplo, fai unha década que tería deixado o BNG. Niste momento, vexo as perspectivas tan negras que me estou a prantexar se marcharme berrando ou esperar a que me boten e berrar.
Por certo, noraboa polo blo, mola e móvese.
sen comentarios.
b.d.
Cantos dos "representantes" que votaron a Quintana o fixeron con convicción e liberdade? E que eu tamén coñezo a uns cantos que foron alí forzados e levantaron a man para votar o endeusado contra a súa vontade.
Eu, pola contra, que o vía vir, non participei en ningunha pseudoasamblea. Todo este proceso lembrábame a aquel que se iniciou aproximadamente hai un ano, para elexir os candidatos ó Congreso e Senado. Tanta asamblea para que o final che poñan un candidato -I. Tabarés- con calzador e che den a opción de votar Si ou si.
... E estase achegando unha nova treboada.
Postar um comentário