Estamos traballando pra vostede, desculpen as molestias. O lema das obras públicas, por moito que non deixe de ser dunha hipocrisía evidente, non se aplica no Concello de Ourense. Esta mañá tiven que entrar por rexistro uns documentos, dos que tres precisaban do correspondente cotexo. Pra matar dous paxaros dun tiro, preguntei na recepción onde mos podían compulsar e mandáronme a unha xanela na que me fixeron a conta pra ir pagar ó banco. Total 6,30 euracos. O tempo apremiaba, esí que alá me fun soltar a mosca, botando sapos e cobras pola boca.
Cando voltei e fun ó propio rexistro, que era onde mos tiñan que cotexar, o funcionario encargado non tardou nada en facelo. Tempo empregado: menos de un minuto e polo tanto menos de 0,05 € de salario do persoal. Custe do material gastado: menos de 0,01 €. En fin, un beneficio mínimo pró Concello de 6,24 euros.
A conclusión posible é que á Administración Local de Ourense non lle interesa que o público, os que pagamos os seus salarios, molestemos ós seus chicos cando están traballando. Cabe preguntarse en qué, e darlle a volta ó eslogan de Obras Públicas: Non queremos traballar, non molesten.
Afortunadamente, xa non vou ter que votar por ningún dises 27 inútiles. A lástima é que ista inutilidade, a pesar de todo premiada cun bó pico dos euros arrapañados ó Goberno central, vai afectar ó computo xeral de votos. E compren todos.
4 comentários:
Como diría a das Galerías:
Oiste, i luego como és que te fuiste? xD
pra iso non hai coma os concellos pequenos... están endebedados ata as orellas, pero non che cobran por nada.
Quen puidera ser oncello! ter crédito ilimitado e non ter obriga de devolvelo.
Endebedados endebedados...algúns si, outros non tanto.
Ao final quen se leva a pasta para despilfarra-la ao seu antollo é a Deputación, que xa me diredes para que carallo vale, e senón mirade a nova cafrada do Baltariño...
O certo é que todo o refenrente a trámites burocráticos é cuestión de sorte; sorte de que te atenda o único competente que non saliu tomar café.
baia bruxo teño como amigo espantahelles os malos ispiritus osrumanos
Postar um comentário