Jantes em liga leve, seica é o xeito correcto de dicir "llantas de aleación ligera"... en portugués. E pra os nosos letrados, léase filólogos de facultade. Seica.
Niste tema, coma en moitos outros, teño que discrepar. Semella que nos move unha certa arela de poñer o carro diante dos bois, empezar a casa polo tellado ou sentar as bases dun futuro incerto pra todos aquiles que non sexan membros da caste privilexiada ou das súas mascotas preferidas. Estou a pensar no tenterentrén, ou no tren que non vai pola beira do Miño porque torce moito pra acadar o seu destiño ás velocidades que se marca. A galiña dos ovos de ouro pra determinados explotadores do país e de fóra, o pan pra hoxe e palla pra mañá dos seus obreiros, un ave con moita pluma e moito morro que agora Torito estase a inventar ata pra chegar a Porto. Qué raro que il non diga Eluroporto ou algunha das súas pasmosas gansadas. E, mentres, os que andamos a pé teremos que seguir desfrutando dun tren de terceira división -seneghalesa, polo menos, e que me perdoen- que nos levará de Ourense a Compostela en menos de tres horas e media, e "reghreso a la terminación" polo mesmo prezo e o mesmo tempo.
Ven a conto, que me estou indo polas desoladas alturas de Pena Trevinca, porque algo que os meus decidiron (nin sei cantos, nin cantos meus) sobre algo que é sagrado pra min, non me agrada. Aproximar o máis posible o galego ó portugués. Cousas de bois e tellados... Cando tanto queda por facer no galego, e tanta lingua está a perderse irremisiblemente por defección certa dos seus "utentes", ir procurar cómo lle chaman á caneta, á cabeleireiria ou á camioneta os falantes con papas na boca, é non xa só suicida, senón ata ofensivo prá lingua e pra os nosos maiores.
Mentres palabras galegas están a ser desbotadas por pura desidia (porque chico, nom xe voi fablar cu viexo este que fuele até mal, el) recurren esa leda cuadrilla de recén licenciados e mantidos da Real Academia Gagá, e das Academias non tan reais porén tamén gagás, á pedra filosofal da grande casa común galaico-portuguesa. Algún día, se vivo e teño tempo, falareivos de verbas propias da miña terra que nin a RAG nin o Estraviz contemplan, como son pallagueiro, vidrao, rousío,...
Debe haber como dous anos que me metín en camisa de once varas ó sentir a un rapaciño -non soen ter moito máis de vinte anos, e despoixa pasan do lusismo e cólanse de carguiños na xunta- defender o nome de jantes en liga leve pra aquilo que tododios chama en tódolos talleres do país llantas de aleación lixeira. Pra min é unha putada que lle chamen os compañeiros mecánicos así, pero éche o que hai. Dende logo, non vai haber xeito, por moi cegado pola secta que estea o mesías de turno, de convencelos de que lle chamen polo nome portugués. Estaría boa.
Eu propuxen chamarlle polas palabras galegas que significan o que é o obxecto. E por dios que case me comen, coma naquil chiste do Carrabouxo de hai máis de vinte anos (O Carrabouxo crismado no chau e sostendo unha pancarta que pon "Ensino público, laico e gratuito pra todos"; dille o colega: -Eló, foche á manifestación pola liberdade do ensino? -Fun -E qué tal? -Qué tal? Pensei que me comían!; co cal xa vedes que a defensa da liberdade que fai a direita non é d'agora). A cousa non era tan complicada llantas-lamias (palabro galego que non ten que recurrir ó francés), aleación-aliaxe (idem), ligera-liviá (máis idem). E todo xunto, como nos dicían en parvulitos: lamias en aliaxe liviá. Cómo vos soa? Pois iso mesmo, que pensei que me comían. Hai que ver qué violenta é a tecla, porque postos de pé e a mala hostia non teñen nin media.
3 comentários:
Isto sóame a unha conversa dun domingo camiñando na procura do xantar... ;P
Xa sabes o que opino mais repitoo de novo. Eu acho -carallo, son coma unha esponxa...- que deberiamos achegarnos máis ao portugués máis que nada pola riqueza que gañaría o noso idioma con algún que outro acento máis, na diferenciación fonética do V e o B, e moitas máis cousas que ti sabes mellor que eu.
Dende logo, que pouco aprecio lle temos á lingua. Mesmo os lusos recoñecen que o galego conservase máis puro co paso do tempo do que mesmo o portugués se atopa.
Sigo a pensar o mesmo que falamos en Compostela, pero a necesidade de aprender de certas normas que ten o portugués na escrita non é atranco pra empregar preferentemente as formas de aquén Raia. Por exemplo, co traballiño que custou que moita xente usara ata, non me queiran agora convencer de poñer e usar até.
Eu ainda estou estudando de você, mas estou melhorando a mim mesmo. Eu definitivamente amo estudar todo o lote que está escrito em seu blog.Preserve as histórias por vir. Eu acarinhados -lo!
Postar um comentário