Esta mañá, despoixa de moito traballiño (e o que queda por facer, que ise si que mete medo), inauguramos finalmente o novo local, o primeiro, de Nacionalistas do Ribeiro. Daba gusto velo colmado de vellos e novos amigos. Daba gusto ver cómo, mentres lle íamos dando forma á materia, acumulábanse os compromisos pra facer actividades ó seu abeiro, como mananciais contidos que só precisasen novas canles pra correr. Daba gusto ver a ilusión en tódalas caras, ise sentimento que constitúe a millor crema rexuvenecedora.
A exposición coa que arrancan as actividades do novo espacio está adicada ó himno e, baseándose nos seus principais versos, vai debullando a historia do complicado renacer da Terra, a través dos seus símbolos, os antigos mapas, as mulleres e homes do Rexurdimento,... Como un presaxio parabenizador, detrás dos poñentes está precisamente o panel que desenvolve o verso OS BOS E XENEROSOS. Podo asegurar que a súa posición é absolutamente casual, e inda que nos decatamos antes do acto, preferimos non mudalo. Que sexa un bó agoiro.
Algo moi grande está xermolando no Ribeiro. Algo imparable medra xa en Castrelo de Miño.
4 comentários:
E que non correu o viño? Non se ve!
Moita ilusión, moita alegría e moita xente, iso si que enche o peito!
Xa me tarda en ir para alí a comezar a traballar en tantas cousas. Son tantos os plans...
Pois, norabóa e parabéns, dende Ferrolterra,ánimo e Adiante co BNG
Correu, XOsse.
Por traballo non te preocupes, que ha sobrar.
Gracias, zas. E quedas invitado a virnos vistar.
Mola a escuetacidade, ou como se chame, ou?
Postar um comentário