Qué diaño é iste
documento infumable, que aparece publicado en
Vieiros, seica remitido a 'diferentes' militantes por Anxo Quintana? Menuda análise! E menudos parches, medo me dan. Agora bilíngües!!! Négome frontalmente a que fagas-fagades do noso cú un pandeiro e do BNG unha casa de putas. Se de veras pondes os vosos cargos a disposición do que decida a militancia, xa tendes eiquí un partidario de que vaiades tomar o aire.
2 comentários:
Isto fai tempo que se vía vir, sobre todo vendo a clase de persoas coas que se estaba rodeando o vice -non hai máis qever quen asina o seu libro-. Eses eran os seus asesores, non os militantes que falabamos nas Asembleas Comarcais, onde o Responsable de turno facía de paraugas.
Veredes, na nosa comarca, onde EL é o boss (para algúns ata o seu deus) falábase moito sobre os plans que tiñan cara o futuro: gañar as eleccións e, dende o poder, transformar o BNG nun partido da clase media-alta galeguista.
Entre outras cousas estou a preguntarme a qué diferentes militantes lle mandou o chico de Allariz o documentiño de marras.
Merde! Lémbrome cando escachabamos coa risa, entre outros algún que hoxe bica o chau por onde pisa, comentando a ver se o faciamos senador ou eurodeputado, pra mandalo ben lonxe. E mira ti agora cómo prosperou o rapaz, que ata lle marca a propia ideoloxía a todo o partido, incluso nunhas horas baixas coma estas. Algún outro famoso galego tamén se gababa de deixalo todo "atado y bien atado".
Postar um comentário