Hoxe vou poñer a camisa negra. Estamos de luto porque definitivamente morreu a intelixencia e o pobo perdeu o norte e avanza cara atrás coma os cangarexos. Non desboto que o enganaran un pouco con vellas mintiras e mintiras novas coma a do subidón da participación. De feito a dereitona máis rancia representada por Feijoo 'n Company a penas subeu 3.000 miserentos votos que lle sobraron pra acadar dous deputados máis e o total de votos foi menor que hai tres anos e medio. De ónde sacaron os medios e a administación que se subiran máis de seis pontos porcentuais na participación? Ónde foron parar ises máis de 300.000 votantes que se contaron no 2005 e non agora? Foi obxectiva ou tendenciosa a información de sobremesa (precisamente cando a esquerda nugallá decide se vai votar) de que se pasara dun 4% menos de participación ó mediodía a un 3% máis?
E cómo se sentirán arestora ises 45.000 votantes nacionalistas que decidiron non votar ou exercer o voto protesta? Espero que ben mal, porque ós demais deixáronnos feitos unha merda. Gracias.
7 comentários:
Pois seica están ben orguiosos dicindo que o povo ao que se lle viraron as costas fixo o mesmo cos seus governantes...
Penso que de crernos tan intelixentes chegamos a raiar o absurdo.
Alá eles e as súas conciencias, eu dende logo seguirei ao pé do canón agora máis que nunca.
Así é, polo que parece. Os que chataron a obra antes de rematala están máis que tranquilos agora que se nos ven enriba o mangueritas, e o que é pior, o seu equipo, que menudos elementos "duros" leva. En fin, agora van saber o que é dar caña, XD XB.
E a todo isto, os socialistas seica nos culpan a nós do seu fracaso. Non sei qué de deslealdade no cogoberno. De eclipsarlles ó Torito, que se eclipsaba il só detrás dunha seta. Vamos, de non deixarlles gobernar soíños. Estes tamén lles hai que dar de comer a parte.
Seguimos botando balóns fora. O resultado destas eleccións estaba cantado, moitas alarmas soaron, e ninguén lles fixo caso.
Entendo que a voráxine coa que se vive unha campaña impide percibir con certeza a realidade de fora do remuiño. Eu participei noutras moitas campañas e levei outras tantas decepccións -partindo, por suposto, dunha perspectiva localista-. Desta decidín non participar -as razóns son tantas que levaría moitos renglóns enumeralas e explicalas- e, ademais non votar.
Podo asegurarvos que non me sinto ningún traidor da patria, como dixo Quintana dos que non irían votar. Aseguro que moitos non foron só por esas declaracións.
Isto é política, non unha relixión -ainda que os que se refiren a nos de xeito despectivo nos acusan de ser unha secta- vivimos nunha democracia, non nunha dictadura, o cal nos permite castigar os nosos dirixentes cando non cumplen; e os nosos non o fixeron.
O PP, un partido liberal, gañou unhas eeccións a dous partidos de esquerdas en plena crisis do neoconservadurismo. O PP, un partido con numerosos casos de corrupción , gañou unhas eleccións coa baza da crispación política. O PP, sen apenas subir votos, gañou dous deputados, porque PSOE e BNG baixaron unha barbaridade, logo de estar no goberno. O PP, partido xeralmente beneficiado pola abstención, gañou nunhas eleccións nas que se bateu o record de participación porque unha importante parte da sociedade decidiu ir votar pero para ningún dos tres partidos maioritarios.
Existen moitas razóns para esta desfeita e a maior parte delas son o resultado da mala dirección do BNG e a xestión do goberno, non de circunstancias de fora. Esa vella escusa, por vella, xa non cola. É hora de reflexionar, de pedir desculas a moitos sectores ofendidos por estes anos de goberno, de recuperar o proxecto nacionalista, frontista por natureza e non o partidista no que algúns o converteron.
Enfin, xa veremos si este pau nos mata ou nos endurece.
totalmente de acordo con xOsse. Esa é a autocrítica que fai falta... e non por a venda nos ollos.
b.d.
xOsse, insisto en que non gañou o PP. Perderon os outros, e perderon porque non souberon transmitir ó seu electorado. Non sei o que lle pasou ó PsóE, seguramente a conta dos audis e o despacho, pero ó BNG perdeu por unha banda por tanto amordazar ós seus propios militantes, non me fartarei de dicir que somos o noso propio medio de comunicación, e pola outra porque dado quen controla a súa organización xuvenil, agás no Ribeiro, non hai moza nin mozo que se lle achegue. E así non se medra.
Eu tamén penso que esto lle vai vir ben ó Bloque. Vai ser san por exemplo dicirlle a certos elementos que se queren seguir a súa travesía do deserto, que o fagan sen nós. O que xa non sei é se o País está en condicións de soportar catro anos máis de PP. É moi obvio, visto dende unha ollada urbana, retirar o voto a un partido pra castigalo. Dende o rural xa non se vos ve tan bonito. Algúns tiñamos un proxecto pró noso concello, proxecto que se vai adiar, porque piscina xa temos e campo de golf me parece que non. En fin, seguiremos na gavia AGORA MÁIS QUE NUNCA. Remendaremos o partido, que lle vai vir ben a hostia, inda que algúns pretendiamos facer o mesmo dun xeito máis cirúrxico, non tan traumático, e algún día quizais poidamos repetir o experimento de erguer Galiza.
Binito, que nos coñecemos e ben sei que ti practicache o que chamas "voto útil". Ou ti tamén lle fallache a Touriño?
Pola miña propia experiencia teño que dicir que os carguiños do BNG parecían vivir nun mundo aparte. Tal é así que aló polo mes de xullo acudín Consellería do Medio Rural a denunciar certos abusos na contratación de traballadores, abusos que comprendían incluso a violación de dereitos fundamentais do traballador, como é o limite da xornada laboral, a saber 40 horas, algo que parece saber todo o mundo menos nesta consellería dirixida por un nacionalista, un partido que leva no seu símbolo unha estrela vermella, reflexo da unión dos traballadores do mundo. Tamén denunciei, nese mesmo mes, un estudo de impacto ambiental para realizar unha concentracón parcelaria no meu concello (Zona de A Graña) que non recollía a protección paisaxística de Nivel A que o PXOM de Xunqueira de Ambía lle daba. O (ir)responsable da Delegación de Ourense, a posteriori acusado por un medio de comunicación de ter a medio pobo "colocado", preguntóume: "Que pasa? Sempre estadades protestando nesta Consellería? E que somos os únicos que facemos as cousas mal?"
Evidentemente non eran os únicos pero ían en cabeza. Esta escea evidencia a súa actidude cada vez que algún militante lles chamaba a atención por estar facendo políticas contrarias o ideario do partido, deixaban as razóns a un lado e pasaban ó ataque persoal directamente e valéndose para iso do seu cargo, utilizando toda a forza do "seu poder" contra aqueles que por seguir defendendo os nosos ideais fomos tachados de "estorbo, molestos -diría Jorquera-, inútiles,...
Como a todo porco lle chega o seu San Martiño a estes non ía ser menos, e así chegaron as eleccións... e entráronlles as presas, empezaron entón a precisar daqueles que antes éramos un estorbo pero, claro, xa non estábamos pola labor.
Chegaron ó poder e esqueceron quen os levou ata alí: e o pior, creron estar por encima dos seus propios compañeiros. Non é así para a conciencia da esquerda onde todos temos a convicción absoluta de que todos somos iguais.
A estes carguiños perdidos so queda darlle a benvida a terra e ós que quedan que vaían tomando conciencia. Como dicían os irmandiños: ninguén por riba de nós
xOsse, creo que pensamos igual e isa desconfianza, e nalgún caso a seguridade de que aupamos a algún caciquiño compártoa completamente. O problema reside en que coa perda desta batalla tamén cae xente moi válida e igual de idealista, pero cos pés na terra, ca nós. Xente á que non se subeu o cargo á cabeza.
E o problema é que quen se ergueu outravolta co poder absoluto si que ten plena conciencia de que o ten e pouca ou nengunha conciencia. "Acabouse o bipartito e nin ti nin os que son coma ti ides volver encontrar traballo na vida" Sónache? Non é o meu caso, pero mete medo, non che parece? O outro, o do endeusamento duns cantos, iso podíase curar. Agora vaise curar de vez. Por isa banda estou tranquilo. O nacionalismo de esquerdas vai saír moi fortalecido da hostia que nos metimos, por moito que algún interesado insista en que non foi tal hostia.
Un saúdo, meu.
Un saúdo tamén pra ti, Binito.
Estamos ou non estamos?
Por certo, prometo, agora sen lerias, facer pronto unha sesión de crítica da casa. Autocrítica non, que xa sabedes que son un santo.
Postar um comentário