Esta noite toca
papar unha ducia de uvas, si ou si. É tradición, igual que torturar un boi ata
a morte ou rirse dos parvos. No estado español non callará a tradición de
regalar libros, pero calquera estupidez arraiga enseguida.
Parece ser que a finais do século XIX, en Madrid, ante un edicto represivo do alcalde, algúns cidadáns decidiron representar na rúa as ceas da alta burguesía con esa retranca madrileña que os caracteriza. Esta cea incluía uvas, un produto moi exclusivo porque non era época delas, así que os simpáticos foron á Puerta del Sol papar un bago con cada badalada. O chiste transformouse en tradición como se estendeu a peste ou a tuna, por osmose entre iguais, como GH ou OT –MYHYV queda como caso aparte para monguers premium. Para acabala de rematar, en 1909 houbo unha colleita enorme de uva en Alicante e a campaña para vendela viña ó pelo para tapar os excesos gobernamentais dese ano. Estaba servido o escenario para que cen anos máis tarde haxa que esganarse co froito da vide mentres escoitas estupideces e badaladas ata nas teles autonómicas.

Pola miña parte,
este ano non. Que o ano sexa bo e punto. A ver se os cataláns van abrindo o
camiño da independencia e boa parte do meu pobo abre os ollos.
Feliz 2017 e a Madrid deséxolle que pronto xa só sexamos veciños.

Nenhum comentário:
Postar um comentário