Iste era un tema que tiña medio esquecido, pero rexurde por veces, por exemplo cando a sabiduría dubida da lóxica de certos costumes modernos e progres. E non digo que non me pareza un xeito desencamiñado de defender dereitos individuais a charramangueirada do día do orgullo gay, pero outra cousa é empregalo coma argumento para defender a involución social. Raíña, o mundo móvese.
E, como coincide que algún resentido polas palabras da primeira dama publicou isto, no que se ceiban acusacións nas que non me meto -madia leva, estimo moito a miña liberdade-, vou colar unha ligazón cun libro de Patricia Sverlo, Un rey golpe a golpe, no que tamén conta cousas nas que non entro, polas mesmas razóns anticipadas.
O que queira, que o disfrute. E viva a República!!!
2 comentários:
Pois debe ser certo todo o que di, xa que de ser falso tería sido acusado por un delito de calumnia, cousa que, no fondo, debe ser o que éste home busca, pra poder por ante un tribunal tódalas probas necesarias pra demostrar que non calumniou, ou o que é o mesmo, demostrar que o rei delinquiu.
Aí falache, mais eu, coma bó galego prevido, calo e subo e baixo as escadas. E por fin, discútese ou non a monarquía na Hespaña, meu?
Postar um comentário