domingo, 25 de janeiro de 2009

Temporal


Pois si que soprou de carallo do venres pró sábado. Iste foi o panorama co que batín cando voltaba polo parque Ribeiriño. Eran case as oito e media e as farolas alumbran como pra unha operación a corazón aberto, así que case bato literalmente coas ponlas do choupo. Víase vir. Hai case un ano que secou; cousa de andarlle cortando as raíces pra meter non sei que conducción con non sei que absurdo obxectivo, porque esa vía leva da nada a onde cristo perdeu a pucha. Son as grandes avantaxes de ter funcionarios e operarios nugallaos e políticos inútiles, cobardes ou as dúas cousas. Inda bó foi que non collese a ninguén debaixo.

Agora podarán (a acepción ourensá significa unha tala a entre dous e tres metros de altura, e se non retoña a seguirlle enchendo o peto ó do viveiro) o resto da ringleira. Bush pequeno tamén dicía que pra solucionar o problema dos incendios abondaba con talar todas as árbores dos USA. Quén foi o que asou a manteiga?

4 comentários:

Anônimo disse...

algúns deben pensar que cortarlle as raices a unha árbore é coma cortarlle as unllas a unha vaca... patada tiñan que levar!

Henrique disse...

Eiquí os operarios non saben, os capataces tampouco, e os pijopolíticoprogres do Parque de San Lázaro, menos. Éche unha extremaunción; converteron a Ourense nunha perfecta cidade-tanatorio. E esí nos vai.

Silvia Bermúdez Pérez disse...

Isto de saber podar as árbores lémbrame ao comezo dun gran libro "La sonrisa etrusca"

Henrique disse...

Cómo me gostou isa novela. Grazas por lembrarme a súa tanxencia (era emprestada) na miña vida. Merece figurar na lista dos meus libros preferidos... o día que a encha.