Nantronte fun coma convidado á clausura -en relidade o convite era para todo o acto, pero non estiven libre ata o domingo- do XII Congreso da UPG. Cabería contar o que supuxo para o nacionalismo galego a fundación e a propia existencia da Unión do Povo Galego.
Emocionoume fondamente a homenaxe que lle fixeron os compañeiros ó Bautista Álvarez, ofrendándolle non un reloxio ou uns xemelgos, senón unha bandeira estrelada e outra da UPG. O bó do Bautista case non puido conter as bágoas, e non era o único, que o sentimental iste estaba na mesma tesitura. Habíaos piores, que o Bieito Lobeira, cousa que o honra e lle outorga dez puntos no meu ranquin de persoa, tivo que se limpar os ollos ata varios minutos despois de rematada a homenaxe. Non era para menos, que a traxectoria do homenaxeado ben o merece.
O Bautista foi a voz que puxo a UPG no seu primerio acto reivindicativo de trascendencia: a revolta dos fouciños de Castrelo de Miño. Nas súas propias declaracións recoñece que a laboura da organización foi case únicamente de asesoramento organizativo e na redacción de comunicados ou manifestos. Aqueles homes e aquelas mulleres de Castrelo poñían o resto.
Despoixa de ter batido en outras comarcas con muros de cemento ergueitos automáticamente ó dicir de onde era, para iles de terra de matóns, e saír coa honra mancada, síntome orgulloso de ser do primeiro concello (minto, primeiro Portomarín) que lle puxo peito ás falcatrúas da dictadura, e de coñecer a un galego íntegro e entregado á súa Terra, como é o Bautista. Só espero que poida participar na homenaxe a aquiles e aquelas -sobre todo aquelas- labregos que dixeron non á imposición hai corenta anos.
Conto contigo, Bautista.
7 comentários:
Falando de emocións e de bágoas, o domingo foi un día moi duro en Castrelo meu.
Acabo de ler en Galicia Hoxe a entrevista a Bautista Álvarez e vede ahí o titular Os militantes deben de estar alerta para corrixir os desvíos do BNG. En fin... algunha responabilidade terá a UPG deses 2desvíos" como forza dominante dentro da organización. Si é unha autocrítica, benvida sexa, por sela primeira. Si é unha crítica os que non pasamos polo aro... mal imos.
Cando di "todos os militantes deben estar alerta para corrixir os posibles desvios", eu dou conta que non se nos fai nin puto caso.
O do comentario excluído fun eu. Excluíuse sen intención, que se me bloqueou o cabo, e van... Un que non ten sorte coa electrónica.
Dicía que inda non me sinto preparado pra faguer unha necrolóxica do Paco.
En canto á entrevista do Bautista, que non acabei de lela, non teño tempo, faime gracia o de:
"Como queda agora a UPG?
Queda moi ben, igual que estaba."
Xa che digo. Fóronse erguendo os "novos" membros do seu Consello Nacional ou como se chame e, agás unha muller, que debe substituír ó Bautista, supoño, todiños estaban na tarima xa, "igual que estaba", he, he. Hai que rir por non chorar.
Concordo co que di o Bautista nesta entrevista que enlazou xOsse, mais pareceme un desatino o de:
"Aqueles que falan do perigo do español pola invasión do galego serían fusilables".
"Fusilables" é pasarse moito da raia, máis cando il viviu unha dictadura na que facerlle iso a un veciño era ben sinxelo para un fato de asasinos.
Fusibles, quixo dicir fusibles. Isto é uns "plomos". É que o Bautista xa ten os seus anos (como il di, naceu na Idade Media).
Fua, si que se pasou un pouco.
Henrique andas un pouquiño errado.
Primeiro, o organismo do que falas chámase Comité Central (como en todos os partidos comunistas do mundo).
Segundo, todas as persoas do novo Comité Central estaban xa na tarima, pois subiran previamente, nun acto pechado á militancia.
Terceiro, en ningún momento os/as integrantes do Comité Central saínte presidiron o XII Congreso, era o Secretariado.
Cuarto, Bautista é insustituíbel
Postar um comentário