quinta-feira, 6 de novembro de 2008

Yes, ti -tamén- can

Seguimos a voltas coas eleccións nos Iuesei, coa grea progre entusiamada coa elección do candidato dos seus amores. Pola miña parte, non é que preferise ó McCain, pero non vexo gran mellora no mundo polo feito de que o novo presidente sexa demócrata ou estea "abbronzato" como dixo o animalciño do Berlusconi. Nin pró mundo, nin prós seus propios concidadáns. Non vexo a iste, ou calquera outro presidente ianki, impoñendo o sistema sanitario público universal, por poñer só un exemplo.

Sempre pensei que a mentalidade norteamericana tiña algún tipo de problema clínico, ata que hai algúns anos cheguei á conclusión de que a esta xente se lle define perfectamente con dúas palabras: son monxas sádicas. E non é de hoxe. O seu camiño pola historia, levando nunha mau a bolsa e na outra o trabuco, iniciouse co propio asentamento do primeiro puritán anglosaxón na costa atlántica norteamericana. Medio comerciantes, medio salteadores, usaron sempre a cara que millor lles conviña no momento.

Empezaron polos indíxenas, ós que debían a propia vida, porque istes pais pelegríns non sabían nin sachar, nin pescar, nin cazar, nin recoller. Atados eternamente ó Vello Testamento da Biblia, preferían vivir materialmente do traballo dos demais e moralmente coma trinta seculos atrás. Despois de ter o cú a salvo, adicáronse a expoliar e exterminar ós nativos, por si mesmos, inda que deste xeito a metade das veces tamén levaban iles, ou por intermedio da coroa inglesa, do alcol e das enfermidades, que espallaron entre os seus veciños a propósito. As mantas dos mortos por variola debían serlle entregadas ós indios, que non tiñan desenvolvido ningún tipo de inmunidade e morrían coma moscas, por orde dos líderes militares e relixiosos dos anglosaxóns de América.

Dende aquelas, a súa voracidade non coñece límites. Non me vou estender, porque sería moi longa de contar toda a lista de macarradas distes rapaces, pero oxalá e unha peste os levase a todos e o seu Destino Manifesto. Sentiríao por algúns, moi poucos, ós que admiro, pero un grau non fai praia. E por Barak Dereitos Civís Yes We Can Gau Gau Obama non creo que o sentise. Nin por McCain tampouco. Non son racista e tanto me ten porco branco coma porco negro.

Para rematar, as guerras externas que libraron os usas eses, ata a chegada da familia Bush, foron case, se non todas, declaradas por presidentes demócratas. A quén lle tocará agora?

11 comentários:

xOsedorrio disse...

A historia dos EUA é a historia dun medo, dun medo colectivo, que non sei si acadará o grao de paranoia. Viven tan obsesionados pola súa seguridade que atacan a calquer civilización que supoña un perigo potencial. No pasado, para os EUA o perigo proviña do comunismo, e loitaban contra el apoíando a dictadores e criminais sempre que pensasen coma eles. "E o fillo dunha cadela, pero é dos nosos", decía sobradamente Roosevelt.

A súa política mudou tralos atentados do 2001. Agora entenden que os perigos se agochan detrás de calquer ditadura, sexa da ideoloxía que sexa, por iso pretenden levala democracia polo mundo basándose nun dato estadístico: nos dous derradeiros séculos non houbo ninguna guerra interestatal entre democracias (si entre democracias e ditaduras e entre ditaduras). Iso si, para levala paz ó mundo non dubidan en acudir a guerra -algo contradictorio- nin desaprobeitan o tempo a hora de facer negocio -petrolífero, sobre todo-.

Anônimo disse...

ai, ai, jasus diormio!

Henrique disse...

Saúdos, xosse. Xa coñecía esa escusa para someter ó mundo, que non é máis que a base moral que precisan os anglosaxóns pra atacar sen remordementos, e vouche respotar con palabras do líder indio Pontiac: "levan a paz nos beizos e o fel no corazón".

Anônimo disse...

http://xurxo.aminus3.com/image/2008-11-05.html

Anônimo disse...

un, que é un sentimental...

Mariño disse...

Home eu manterei sempre a esperanza de que algún día ise país con tantos soños (pesadelos para o resto) teña unha sociedade normal, sí é que iso existe, pois non vexo trazas disto nin no noso país; aí son pesimista, ves.

Mais ben é certo, e temos que recoñece-lo, que a elección de Obama como presidente ten un carácter simbólico impresionante, malia que como se está a dicir, será o primeiro presidente negro...en gobernar coma un branco.

Pero é que a democracia dos Usa...en fin, ten cousas tan boas como que os membros dun partido teñan a liberdade de votar en contra dunha proposta dos seus (iso poderiamo-lo trasladar acó?, acho que non) e cousas tan noxentas como a elección dos candidatos, que se podería supoñer o máis avanzado sistema do mundo, pero que está infestada cos cartiños dos poderes económicos, co cal a marxe de maniobra dos candidatos...ala foi!

E despois deste parzamique vou papar que seica hoxe temos magosto, saúdos!

Anônimo disse...

Boa noite compañéiras-os,mirade unha cousa,xa aviséi a outros blogs, entrade en YouTube - e buscade ODA AL BNG ,e agora falando de - Vinte arrobas de sal,o que me gusta é a frase dunha canzón,que xa vai aló, Cando me falan de hespaña......,grazas por-me atender,e quedádevos co remate do video,unha aperta dende Ferrolterra

Anônimo disse...
Este comentário foi removido por um administrador do blog.
Henrique disse...

Está visto que lle teño que adicar algo máis de tempo os controis do blog. Veño de eliminar un comentario, simplemente porque era repetido, e pensei que a cousa se borraría completamente. Pois non. Isto de doblar os comentarios ou os posts dos foros tamén me pasaba a min, por pura e simple impaciencia e desconfianza dun servidor lento.

Xurxo, meu, sabes que tamén son un sentimental, pero non sei, no Barak hai algo escuro que non está na súa pel senón na súa ollada, que fai que non me crea as súas palabras emotivas e que as súas arengas me parezan teatrais, inda que a política sempre teña algo de teatro. Rara vez me trabuco, e cando sucede é porque xulguei por boa a unha mala persoa. Ogallá esta vez me trabuque, pero dubídoo moito.

E para o participante anónimo. Oín isa ODA AL BNG. Vaia merdada plagada de bulos da política-lixo que xa están máis que momificados. O único que demostra é que iste rapaz é parvo e cobarde. Debe pensarse que os nacionalistas imos por aí quentándolle a cara a todo aquil que non teña as nosas mesmas ideas. É o que lle contan no bar.

Mariño disse...

Merda de video si, acabo de ouvilo agora, rancia comida para feixistas de tan pouco gusto e tan baixo nivel intelectual que nin vou a comentalo.

Anônimo disse...
Este comentário foi removido por um administrador do blog.