Hai xente que semella non ter nada mellor que facer que intoxicar os nosos memes con lixo anti-científico, cousiñas tipo o creacionismo, por poñer un exemplo ben aberrante. Esa xentiña alucinada chega a pendurar na rede imaxes supostamente serias nas que aparece un dinosaurio papándose a unha persoa. Xa é casualidade que estiveran os dous alí prá foto.
Hoxe chegoume unha cadea que non podo crebar só perigo de que o ceo caia enriba da miña cabeza e que me asegura, cun estilo moi depurado (por exemplo AZLO, en maiúsculas por se non se vía ben) que o meu desexo que se me ocurra no momento que estou lendo a maior sarta de memeces da semán, vaise cumplir en tantos minutos coma anos teño, se reenvío a outros dez correos a cousa en si. Inmediatamente vénseme a cabeza cántos minutos. Automatismos que nos traizoan. Naturalmente, non o "ICE".
Outra cousiña que me veu foi un pps, que manda carallo a de tempo que ten a peña pra poñerse a facer desas cousiñas, no que fala das bondades da auga (isa é a verdade de reforzo) e das maldades da coca-cola. Entre outras, o refresco desatasca o retrete; disolve un oso en dous días, inda que ó seu compoñente máis maligno, o ácido fosfórico, lévalle catro disolver unha unlla; os patrulleiros das estradas americanas levan dous galóns pra limpar o sangue dos accidentes; mesturada, esta é boa, co deterxente na lavadora, quita as manchas de graxa; os camións que a transportan levan o sinal de "Material perigoso"; e por fin, o que quero comentar, é un magnífico desenferruxante.
Pois ben, inda que non teño motivos -menos o sentido común- pra desconfiar do resto das afirmacións, comprobei hai ben anos que ista última é falsa de toda falsedade. Tiña unha bicicleta vella pero en bo estado, inda que a cadea estaba enferruxada. Desperdiciei varios días e medio litro de Cocacola no experimento e resultou que nin desenferruxa nin o carallo bendito. A cadea seguía igual de tesa que cando a sumerxín, só que agora estaba toda pegañenta. Rematei recurrindo a tirar de peto e mercar unha cadea nova.
O único problema que me consta presenta o ditoso refresquiño é a cantidade moi apreciable de azucre refinada que contén, unha morea que habituándose a beber con ela, fai que un se poña coma un pipotiño, sobre todo se é un neno que levan e traen do colexio en coche pra pousalo diante do telelixo ou a consola.
En fin, empecei con cadeas e rematei con cadeas. Só lamento que non atopei a imaxe dos fósiles de dinosaurio zampándose á persoa, pero xuro polo máis sagrado, o Espagueti Volador, que o conto tal como o vin.
3 comentários:
jaja ,e que acabo de chegar a casa compañeiro, xa ta todo publicado , teño que quitar esa merda da moderacion , pero asi tamen polo prezo dun levei 3 comentarios.Inda vai rentar... jaja
Donde se encontre unha de mouras loiras ben juapiñas peiteandose con peites de ouro que se quite o resto de lendas contemporaneas meu!
As nosas son máis sexi's á par de enxébres xD
Anda! Entón vou ter que deixar de darlle coca-cola o can para comer cos osos das sobras. Seguro que esa afirmación tamén é falsa!
Postar um comentário