Afirma Shlomo Sand, escritor e profesor de Historia na Universidade de Tel Aviv, que o que se espallou polo mundo trala destrucción do templo de Xerusalén -a diáspora- non foi un pobo, senón unha idea en forma de relixión. Esí, os que a día de hoxe se fan chamar xudeus non son outros que os descendentes dos prosélitos daquela relixión no seu momento de auxe, cun forte compoñente kázaro, pobo que se converteu en masa, en canto ós xudeus de Europa Oriental. E daquela, ónde van os descendentes dos hebreos bíblicos? Seica, segundo o mesmo autor, ó que os valentes anónimos ameazan e califican de "noxento can nazi" (kelev natzi masria), endexamais se moveron de Palestina, convertéronse ó islam e hoxe chamámolos palestinos. Ises mesmos palestinos cos que Israel está a practicar unha política que, agás a "solución final", é cuspidiña á que os nazis empregaron cos seus. E non falo polo agasallo de Nadal que lles están a repartir, inda que por algunha razón semella unha boa época prá mata do palestino. Lembro unha portada, de hai igual dez ou máis anos, da revista de humor El Jueves, a mesma que secuestrou un xuiz porque seica os de sangue azul fecúndanse por polinización ou esí, na que se vía un Portal de Belén escangallado polas bombas e as figuras todas crismadas. Falo polos guetos, polos controis, pola absoluta falla de dereitos humanos, incluído o dereito á vida, xa non digamos o da dignidade da persoa. Falo pola mau de obra barata que non lle importa aproveitar ós señoritos israelís. Falo polas casas derrubadas e polas froiteiras arrincadas polas bulldozers. Falo polas nenas abatidas pra practicar o tiro...
Qué froitos espera colleitar o Goberno de Israel despoixa de practicar esa política? Qué carallo quere? Bicos e apertas? E qué, en nome da racionalidade, é o que cre estar sementando hoxe na franxa de Gaza? Lembremos que millón e medio de persoas amoreanse nun territorio que é máis pequeno que o concello da Fonsagrada. Unha vez que os proxectís son disparados, cómo van evitar a civís inocentes?
Ó Goberno de Israel non lle importan os 'danos colaterais', esa versión pija daquelo que contaba Gila de que nós disparamos e vós xa vos repartides as balas. Non lle importa un monte de danos colaterais (mortos) con tal de acadar os seus obxectivos fixados. E o Goberno de Israel ten o apoio masivo da súa poboación (un 70% apoia o ataque, e supoño que o trinta que falta serán os palestinos de cidadanía israelí), con moi honrosas pero escasísimas excepcións. E conta co apoio incondicional dos USA, tanto ten que sexa o presidente republicano coma demócrata, branco coma negro.
É David contra Goliat outravolta. Dentro de cen anos, as crónicas volverán contar que os habitantes de Gaza eran malísimos, moitísimos, grandísimos e armados ata os dentes, e un cativo cun cóctel molotov liquidounos a todos. A historia é unha puta e só se deixa escribir polo que paga.
E visto pró que teñen valido todas as manifestacións pola paz, un xa desespera da súa utilidade. Ó cabo, xa que non se pode dicir, só nos quedará pensar -coma naquil conto en banda deseñada de Horacio Altuna no que nunha sociedade futura o Grande Irmau é omnipresente e controla todo o que se di-: PERO QUÉ FILLOS DA PUTA!!!
2 comentários:
E cales son os verdadeiros obxectivos fixados por Israel? Gañar unhas eleccións? Evidentemente, non hai máis que ver o apoio da poboación israelita a masacre. Atacar o pobo palestino é unha garantía de victoria nas urnas e, mentres isto sexa así, perdurará o conflicto. É a mesma receita de éxito -invertindo o obxectivo- que emprega Hamas, iso sí, causando menos "danos colaterais".
É deprimente o que está a pasar, e como dis ti xa un dubida da efectividade de manifestacións pola paz, malia que nos vexamos na obriga moral de facelas.
Postar um comentário