Iste blog nin pretende ser políticamente correcto, nin respectar as regras do xogo, porén hai veces que retirarse en tempo é unha virtude. Eu non quero ofender a xente que me importa, polo tanto, inda que sigo a ciscarme en todas as conveniencias e todos os protocolos, borrei a mensaxe que escribín a última tarde.
Pídoche desculpas, XOsse, por levarme por diante tamén o teu comentario, mais esta caixa de tronos debe seguir provisionalmente pechada. Xa chegará o seu tempo.
2 comentários:
Logo pola cea xa nin lle pregunto, porque vai escribir outro post coma o de onte e logo terá que borralo. Ha, ha, ha....
A cea, moi ben. A comida, unha pena, sobre todo polo escasa. E a bebida, xa non che digo: viño, por chamalo dalgún xeito, coa ousadía de levar contraetiqueta do Ribeiro. O blanco, simplemente imbebible; e o tinto unha purreliña a penas pasable, inda que tampouco merecía a etiqueta.
As copas, ou simples chupitos, nin se viron. Pra min, o único salientable foi o postre, uns anacos dun biscoito moi aéreo con nata. Goxo, goxo, que dirían os meus amigos abertxales. Pola comida quizais non chorarías digamos 9-10 euros. Vintedous é unha esaxeración. Pero a cea, polo menos pra min, xúroche que pagou a pena. E tamén che xuro que iste comentario non se vai borrar a menos que sigas a tratarme de vostede.
Postar um comentário