quarta-feira, 7 de janeiro de 2009

Mesturas

Hoxe, mentres ceo coa serie de Antena3 El internado de fondo, moi ó meu pesar, dame por cavilar que a mestura non é tan mala. Polo menos non o é tanto como se empeñan en dicir os esquinetes bravús. Digo eu, porque se mesturamos unha merda coma esta con outra merda coma Venres13, ben pode darnos algo digno de se ver. Imaxinai a que pode armar Jason polas aulas dise internado tan particular. Ía precisar dunha pedra de afiar de tanto traballo que lle esperaba ó gume do coitelo. Habería que gravar cando lle tocase ó Martín (antes Martiño) Rivas o turno co da carauta de porteiro de Hockei.
Estou pensando que tampouco farían mal partido Los hombres de Paco mesturados con Alien. Veriamos qué chiste cutre (modalidade Pajares e Esteso) se lle ocorría os guionistas cando os paiasos se toparan coa cascuda cabreada. É que os artistiñas que pairen semellantes charramangueiradas tiñan que deixar as drogas psicodélicas dunha boa vez.
Non sei. Algún día dicíannos que unha historia ten que ter "introducción, nudo y desenlace". E está claro que este tipo de serie só teñen nudo, e nudo gordiano; inda que algo de introducción tamén hai, porque meter métennola dobrada.
Polo menos as telenovelas, esa praga que naceu con Cristal, inda que son un monte de merda e máis pesadas ca unha cea de cocido, teñen un desenlace previsible. Xa sabedes: moza pobre remata casando con mozo rico, e polo medio envexas, puteos (dos dous tipos), e nalgunha ata algún bombo repartido a destempo.
Menos mal que sempre nos quedará o cabrón de House e o descerebrado de Pai de familia.

Um comentário:

Mariño disse...

Eu así por seguir coa mestura, metería ao Dexter entre a mau de fillos de ... que saen na serie "Sin tetas no hay paraiso". Ía facer unha desfeita...

E falando agora de series coas que escacho de risa, quédome coa loucura de Futurama e a carallada de Padre Casares.