Veño de escoitar hai nada ó concellal de turismo do Carballiño repetir por tres veces Carballino. No acento xa non me meto, que cada un ten o que ten e San Pedro llo beizoe. Porén, que todo un responsable de turismo da máis grande vila de Ourense non saiba pronunciar correctamente o nome da mesma, é para mexar coa risa, senón fose para chorar.
Perdoolle as "fiestas astronómicas", os "más de sietecientos" e outras burramias de hai un par de anos ó pámpano de "Garabanes", pero na vila suponse que hai máis agricultura.
3 comentários:
Podía ser peor... podía ter dito: "arbolito"
Podía :B. A min é que o patetismo das crases populares ó querer falar coma os patéticos señoritos prodúceme ata tenrura. E o certo é que no Carballiño dise moito iso do Carballino, sobre todo entre quenes queren poñerse galóns falando en castellano del que tengo a mano.
Se mañá teño tempo, vou ver de poñer un recopilatorio particular de quiero y non podo.
Ei meu! Hoxe mesmo me queixaba disto das toponimias eu no Facebook e mira ti por donde agora que te visito vexo que andas cabreado polo mesmo que eu.
Es que querer hablarte como los de la capital olles te tiene tela chico.
Máis que tenrura a min danme pena e vergoña allea...
Postar um comentário