terça-feira, 5 de agosto de 2008

Cando nos libraremos de Madrid?

Cando deixarán de nos fiscalizar? Cando deixarán de mangonearnos a carga impositiva das principais empresas galegas, limiarmente das eléctricas? Cando nos transferirán Tráfico e as demais competencias que fai tempo que se lles están pedindo, transferencias que están contempladas na propia Constitución? (A verdade e que eu tampouco cedería fácilmente un negociete tan chulo coma Tráfico, cunha recaudación de 175 millóns de euros e un gasto de 25. É sinxelo calcular o beneficio). Cando deixarán de vir botarnos en cara, todos cheos de razón, que falamos en estranxeiro, de paso que papan no marisco. Agora que, niste caso, os que acabamos rindo somos nós, porque os listos estes non saben distinguir unha nécora da ría de outra de viveiro francés, e acaban zampándose esta e pagando a primeira. De feito, nin saben distinguir unha centola dun boi, e senón aí está o anuncio de Fanta para demostralo.

Onte á mañá fun renovar o carné e, xa de paso, actualizalo coa regaleguización do nome e o apelido que veño de facer hai nada. Seica, din, co novo DNI electrónico, axilízanse as cousas, dancho no momento e non sei que máis privilexios. Madia leva, tamén cando un madeiro ou un picoleto cho colla terá acceso a toda a túa información, ata os números dos teus ligues.

Pois resulta que non. Como o meu era unha modificación, había que mandalo para identificación a Madrid. Vese que non se fían dos funcionarios de eiquí, que moitos diles falan estranxeiro na intimidade. E como o sistema é tan espelido, que volvera dentro de tres días. Como a culpa debe de ser miña, dixéronme na recepción que non quedaban citas para ise día, que as primeiras eran para o 20 de agosto. Pois moi ben. Despoixa virán dicir que se parte Ehpaña. Eu creo que se prescindísemos de Madrid, ó fin e ó cabo a única comunidade que realmente vive do conto, todos os pobos da península iamos entendernos moito mellor, inda que fose en estranxeiro.

5 comentários:

Anônimo disse...

aih! canta razón ten este homiño...un monumento é o que che vamos por! xD pero a inscripción estará na nosa lingua, extranxeira para algúns imbeciles e escuros, tan fermosa e agarimosa ela que nos aloumiña e nos da acubillo neste país de pedra e auga.

Ivan disse...

Xa ves enrique eche absurdo ,para ser unha democracia parece que cada dia estamos mais vixiados e temos menos libertade,esto comeza a sorepasar os limites do absurdo.

Ivan disse...

http://sempreengaliza.blogspot.com/2008/07/xxvi.html

eche curioso de leer o que alguns dicen do seu partido , pareceme increible este desprezo

Henrique disse...

Sí que ceiba o home iste a língua a pastar, inda que dubido que sexa da secta que me comentache o outro día. Se o é, tenos cadrados, porque como o pillen, non o expulsan, cápano. Conste que algunhas das súas afirmacións en canto ó golem autoconstruido, tamén as comparto eu.

Ivan disse...

xa eu tamen,pero o que digo e que ,si é afiliado e probabel que o sexa xa que non ten ningunha referencia persoal no blo ,esto é inadmisibel