Afortunadamente, a ameaza de chuvia, que sí se materializou en Feá, alá no alto de Macendo quedou en eso, en ameaza. Se a eso lle engadimos que o ar cortante impropio de mediados de agosto calmou ó pouco de sentar a xente, pódese dicir que os elementos (os atmosféricos) respectaron a festa.
Da comida, non podo queixarme, inda que o xarrete estivese un pouco doce de máis. Exceso de cebola? Pero cabe comentar que, a parte da lingua na que uns nos dirixiamos ós outros, podíase dubidar se estaba un nunha festa do interior de Galiza ou do interior de Murcia.
Para empezar, as sinais do aparcamento poñían 'aparcamiento', as camisetas da xente da comisión poñían 'Fiesta', un gardapanos da miña mesa tiña debuxada a bandeira de España. "Pintárono os nenos", díxome alguén. Nenos teledirixidos? Porque para rematar, cando estabamos cos entrantes, a orquestra OP (Orquesta Principal, pero como fai xogo con OT), ademais de levar xa un anaco fodendo a conversa cos seus tropecentos mil watios de son (que alí caían as follas das árbores a golpe de decibelio), foi e arrincouse co pasodoble El pueblo no se equivoca, do irmau de Manolo'cobar, no que, entre outras lindezas, arrota o que segue:
Si al grito de "viva España"
otro "viva" no responde,
si es hombre no es español,
y si es español no es hombre.
Literatura profunda e puro macho ibérico ceibo, como se pode comprobar. Case se me atraganta o rotí. En fin, aí queda un linkallo coa cantada polo Mnolo orixinal. Como se pode observar na gravación, que xa ten os seus anos, non só as mulleres levaban peiteados "Arriba España". Tamén os homes o facían. Algúns, e non miro moi lonxe, a pesar de que xa peitean canas, e poucas, seguen a esforzarse en manter aquil estilo. Eu non quero poñerme paranoico, pero a cancionciña pareceume moi sospeitosa, e tampouco me estrañaría que un deses nostálxicos fose quen de pedirlla expresamente ós orquestreiros.
2 comentários:
Lo de las Fiestas de Macenda, a mi te me llegó al fondo del corazon.
Lo de las banderitas de mcdonalds, ya no te digo nada. Solo que le faltaba la M, y no te sé por qué. Además no me imagino a ronald mcdonald patrocinando jarretiño jallejo de vitela galaica.
y lo de las banderitas de nuevo de mcdonalds del campanario de santa maria, cual territorio conquistado, te me pone la piel asi como arrujadiña.
Y menos mal que el sanroquiño este año te fue recibido por el himno galaico y se juardaron el español para el "alzamiento". De la ostia, me refería.
Lo que no te me cuadra en este territorio tan mcdonalizado (en cuanto a colorines se refiere)es que siempre te traen a su fiesta de "cortecitas" una orquestra portujesa. Esto no te lo acabo de comprender.
hehe! pois eu cágome no paspán dos espeutaculos que deseñou a camisola dos collóns que a xente tan só a puxo o primeiro día, no pardao que lle mandaron facer os cartazes e o moi... fixoos en castelán, na merda de repertorio das orquestas fodendonos con 'xuntos' e 'vivaspañas', na merda de bandeirolas de ketchup e mostaza que ondeaban no chiiringuito do fachiña do'lado que lle mexei as tres noites nos alcolítos a ver se lle secan dunha p..a vez, e limpome o cú cos panos eses do carallo, ala! e de paso, a rañá-la o xarrote do nabo, que xa nos chega a fama de purreleiros para poñer esa merda de viño sen tiriña en cuncas, viva o consello regulador! mecagon####...
Postar um comentário